Visibles.org

A nosa misión é construír unha comunidade en liña de incidencia e mobilización social, unha plataforma de participación, diálogo e encontro, para todas as organizacións, colectivos e persoas preocupadas pola xustiza social desde unha opción crente.

Subscríbete ao noso boletín

pancarta

01 Obxectivos

Mobilizar a sociedade, orientar os procesos de participación da cidadanía na vida pública e axudar a facer visibles as CAUSAS polas que traballan cada día as organizacións e colectivos sociais.

menores unidos

02 Causas que merecen o teu SI

CAUSAS a prol da xustiza social, promovidas por organizacións e colectivos, en sintonía cos principios xerais da Doutrina Social da Igrexa, en diferentes liñas de acción, como:

  • Migracións
  • Menores e mocidade en risco
  • Cooperación internacional
  • Ecoloxía e medio ambiente
  • Economía xusta e loita contra a pobreza
  • Desigualdade
  • Democracia e participación
  • Dereitos humanos
  • ....

As CAUSAS preséntanse nun formato sinxelo e áxil, e para cada unha delas ofrécese información, recursos para profundar e propostas concretas de acción, consonte unha metodoloxía común que propón recursos para: ver (achégate), profundar (somérxete) e actuar (únete).

manos

03 Organizacións e rede

Visibles é unha plataforma en liña para apoiar e visibilizar o traballo que realizan as organizacións sociais da Igrexa. Unha ferramenta de incidencia pública ao servizo das organizacións e colectivos sociais. Ao mesmo tempo, é un espazo de encontro e construción de redes para a incidencia pública que facilita a colaboración e o traballo conxunto para multiplicar o impacto social.

As organizacións e colectivos sociais participan na plataforma impulsando «CAUSAS» coas que están implicadas e ao redor das que queren mobilizar a cidadanía para lograr cambios.

Se es unha organización e queres promover unha causa, enche este formulario e entra a formar parte desta comunidade.

Todas as causas, antes de ser publicadas, deben pasar pola aprobación do consello da plataforma, que actúa conforme cos criterios editoriais da mesma.

Causas e organizacións

Cada vez que unha organización social autorizada precisa recoller sinaturas, ou apoiar unha acción concreta, para eliminar ou mitigar unha inxustiza: ten acceso a un espazo propio de traballo en liña desde o que pode publicar unha CAUSA, documentala, solicitar sinaturas, convidar a mobilizacións, compartir oracións, difundila en redes sociais etc.

mapa visibles

04 Cidadanía responsable

A cidadanía pode participar e mobilizarse a favor da xustiza de forma moi sinxela. Todas as causas publicadas en Visibles merecen o teu apoio: están promovidas por organizacións rigorosas e comprometidas, están ben documentadas e levan propostas concretas de acción para impulsar o cambio:
  • Coa túa sinatura, deixándonos o teu correo electrónico. Cantas máis persoas apoian unha causa, máis posibilidades de que a reivindicación sexa atendida
  • Convidando outras persoas a sumarse ás causas a través das redes sociais ou a través das súas axendas de contactos do correo electrónico
  • Sumándote a mobilizacións locais pola causa
  • Formándote para profundar e adquirir criterios para defender persoalmente as causas
  • Uníndote a oracións a favor da causa
union social

05 Unha plataforma aberta e moderada

Visibles.org é unha plataforma aberta a organizacións, colectivos, redes, movementos e propostas que sexan afíns e compartan os seus obxectivos e identidade. É un proxecto promovido e liderado polo Sector Social da Compañía de Xesús en España.

As causas e contidos son responsabilidade da organización ou colectivo que as promoven. Visibles supervisa as causas de tal xeito que sexan conformes coa súa política editorial.

En calquera caso, «Visibles» non comparte necesariamente todos os contidos e opinións vertidos nas causas promovidas desde ela.

darse mano

06 Un proxecto gratuíto, transparente e sen ánimo de lucro

A credibilidade é o elemento chave no noso traballo para poder denunciar publicamente situacións de inxustiza. Sobre el aséntase a confianza de moitas persoas e entidades que se vinculan ás nosas organizacións. Por iso, Visibles.org é un proxecto sen ánimo de lucro, que se ofrece de forma gratuíta ás organizacións e colectivos que queiran participar nel.

Está xestionado pola Fundación Alboann, que conta cun certificado de Transparencia e Bo Goberno, que garante que os compromisos sociais que esta asume están dentro dun marco de responsabilidade e de transparencia, recoñecido e auditado regularmente por unha entidade externa independente.

icono de una ojo

Achégate!

Engádenos aos teus marcadores e séguenos no Facebook e no Twitter.
Coñécenos!

icono de una huella

Únete!

Subscríbete ao boletín e rexístrate na nosa comunidade.
Súmate á comunidade!

icono de una firma

Profunda!

Todas as nosas causas están ben documentadas.
Actúa con criterio!

icono de una firma

Celebra!

Comparte cos teus contactos os resultados conseguidos.
Celebra!