Preguntas frecuentes

Nesta páxina tes as preguntas máis frecuentes, e as súas respostas, sobre a nosa plataforma. Se precisas máis información podes contactar connosco

Unha comunidade en liña de incidencia e mobilización social orientada á participación, o diálogo e o encontro de organizacións e persoas preocupadas pola xustiza social desde unha opción crente.

A finalidade da plataforma é fortalecer, visibilizar e dar soporte ao traballo de incidencia pública que realizan as organizacións sociais ligadas á Igrexa mediante a mobilización da cidadanía.

Moitas organizacións e colectivos sociais do ecosistema eclesiástico estamos centradas na atención directa a grupos excluídos e vulnerables. Porén, está ampla presenza de base non sempre se traduce nunha voz con relevancia no debate público que axude a mobilizar a cidadanía e incidir nas persoas que toman as decisións

Cremos na nosa misión como un proceso que non se pode limitar ao traballo directo, senón que incorpora as fases de acompañar, servir, reflexionar, sensibilizar e defender. Con todo, as últimas fases resúltannos especialmente difíciles de desenvolver, especialmente a de defender.

«Visibles.org» nace como un proxecto conxunto das obras sociais da Compañía de Xesús, co obxectivo de impulsar a incidencia e promover a mobilización cidadá ao redor de temas relacionados coa xustiza social no marco da Doutrina Social da Igrexa.

Organizacións e colectivos sociais

Participan na plataforma impulsando «CAUSAS» coas que están implicadas e ao redor das que solicitan o apoio da cidadanía para mobilizala e lograr cambios.

Cidadanía

Cada persoa, a título particular, participa prestando o seu apoio ás CAUSAS que comparte e pode contribuír á súa difusión.

Entendemos por CAUSA unha realidade social que se quere transformar para lograr unha maior xustiza e na que a participación cidadá se fai fundamental para incidir nese cambio.

A plataforma guía a persoa que edita a CAUSA, a través duns sinxelos pasos, para axudala a reunir os contidos necesarios para editar a CAUSA e solicitar a participación cidadá. Adapta a metodoloxía do ver- xulgar - actuar ao seguinte esquema:

Achégate - Que está sucedendo?
Relato da situación que se quere transformar e da proposta de incidencia que se promove con imaxes, vídeos, historias persoais etc.

Profunda - Por que?
Sitúa o que sucede no contexto e ofrece propostas de profundización, análise e comprensión con cifras relevantes, políticas, informes, ligazóns a entradas de blogs etc. Inclúe materiais organizados para coñecer máis, para traballar en grupo ou na aula, parar interiorizar e rezar.

Apoia - Que podo facer eu??
Propostas de acción, participación ou adhesión de tipo on-line: asinamento, envío de cartas, difusión en redes sociais… e presenciais pero que se difunden en liña: concentracións, actos, mobilizacións…

Celebra - Que logramos?
Recoñecemos, visibilizamos e agradecemos os avances e logros que conseguimos. Ofrecemos información ás persoas que participan.

CAUSAS en favor da xustiza social, en sintonía cos principios xerais da Doutrina Social da Igrexa, en diferentes liñas de acción, como migracións, menores e mocidade en risco, cooperación internacional, ecoloxía e medio ambiente, economía xusta e loita contra a pobreza, desigualdade, democracia e participación, dereitos humanos etc.

As organizacións e colectivos sociais que queren promover unha CAUSA teñen que solicitar o seu rexistro na plataforma, a través do formulario que aparece en VISIBLES.org.

Una vez admitidas, recibirán os permisos para poder acceder a un sinxelo espazo de edición en liña desde o que poderán editar unha CAUSA e comunicarse coas persoas que a apoien.

Todas as CAUSAS, antes de ser publicadas, deben pasar pola aprobación do consello da plataforma, que actúa conforme cos criterios editoriais da mesma. Entre eles, valórase especialmente:

  • Que as causas estean aliñadas cos principios xerais da Doutrina Social da Igrexa.
  • Que as organizacións que as promoven aseguren unhas capacidades mínimas para poder soster e animar a causa.
  • Que cada organización nomee unha persoa que faga de interlocutora e responsable da causa.

A ciudadanía pode participar e mobilizarse a favor das diferentes CAUSAS a través das diversas chamadas á acción que atopará xunto á información de cada unha delas.

«VISIBLES.org» está promovida e liderada polo Sector Social da Compañía de Xesús en España e quere ser un espazo aberto á participación e ao encontro de organizacións sociais de inspiración crente que se queren mobilizar pola xustiza. A xestión técnica da plataforma está delegada na fundación ALBOAN.

  • Facilita e complementa as accións habituais das organizacións ao axudar a concretar e dar a coñecer situacións-CAUSAS de inxustiza e solicitar apoios á cidadan.
  • Fai tanxibles estes apoios en forma de cifras.
  • Permite ampliar o alcance e chegar a máis persoas, grazas ás redes sociais destes contactos e aos envíos periódicos da plataforma a través do seu boletín.
  • Aumenta e mellora a comunicación coas persoas que dan o seu apoio ás CAUSAS.
  • Os contidos visualízanse correctamente na pantalla dos SMARTPHONES, facilitando a recollida de apoios e que se compartan as CAUSAS.
  • Trátase dunha plataforma plurilingüe: castelán, catalán, galego e éuscara.
  • O seu uso é gratuíto.
  • A plataforma é moderada e supervisada conforme a liña editorial, para garantir a calidade e o rigor das CAUSAS e dos contidos publicados.