NON MÁIS CIE. Polo peche dos centros de internamento e contra a apertura doutros novos
SÚMATE e pídelle ao goberno que peche os CIE e que poña en marcha solucións alternativas.
Esiximos que se revisen as condicións de internamento e que se garantan os dereitos das persoas retidas.
Os Centros de Internamento de Estranxeiros, CIE, son espazos de discriminación, sufrimento inútil e desprotección. Úsanse como mecanismo de control contra a inmigración irregular, provocando a detención arbitraria de persoas en situación de extrema vulnerabilidade e con condicións que implican a vulneración sistemática de dereitos.
O clima carcerario e intimidatorio que rexe nestes centros provoca situacións de crise nas que se fai un uso desproporcionado das medidas de seguridade, tal e como denuncian os internos, ONG, Defensor do Pobo e xuíces de control. A detención dana a dignidade das persoas internas, e débese apostar por medidas máis humanas orientadas á acollida e integración das persoas migrantes que chegan a España.
Súmate á nosa petición, e únete a reclamar que NON queremos MÁIS CIE,
- NON MÁIS agresións NIN MÁIS atentados á dignidade nos CIE, converténdoos en espazos de desprotección que non reúnen as condicións adecuadas de seguridade e que vulneran de forma continua os dereitos das persoas internas privadas de liberdade.
- NON MÁIS ambiente carcerario e criminalización dos internos. Revisión do papel da policía nacional nestes centros, a cal desempeña os labores de organización, xestión e control da prestación dos servizos. Estas funcións deberían recaer en profesionais expertos en intervención social.
- NON MÁIS menores internados nos CIE. O ano 2018 foron ilegalmente privados de liberdade 89 menores. Os fallos nas probas de determinación da idade e a falta de traslado a centros de protección durante este proceso vulneran o deber de velar polo interese superior do menor e polos seus dereitos.
- NON MÁIS superviventes de pateiras nos CIE. Estes centros non foron creados para a recepción e identificación de persoas que chegan ás costas españolas en situacións vulnerables.
- NON MÁIS persoas enfermas nos CIE. A asistencia sanitaria é moi deficiente, e detéctase a presenza de persoas con enfermidades graves e problemas de saúde mental. Traxedias como a de Samba Martine poderíanse evitar cun servizo médico con plenas garantías.
- NON MÁIS solicitantes de asilo nos CIE. Moitas das persoas internadas posúen un perfil susceptible de solicitar asilo, pero teñen graves dificultades para acceder ao procedemento con todas as garantías.
- NON MÁIS obstáculos para as visitas de ONG e familiares. A nosa presenza axuda a que se cumpra a lei e protexer os dereitos das persoas internas.
- NON MÁIS arbitrariedade e discriminación nas políticas de detención nos CIE. En 2018, o 68% das persoas internadas procedían de Alxeria e Marrocos.
- NON MÁIS familias separadas nos CIE. Moitas persoas internadas vense separadas da súa familia e traxectoria de arraigo na nosa sociedade.
- NON MÁIS ausencia de tradutores e recursos para informar e orientar convenientemente os internos.
- NON MÁIS expulsións sen previo aviso nin posibilidade de avisar familiares ou un avogado.
En definitiva, NON MÁIS uso abusivo do internamento como forma de xestionar a migración irregular. Existen alternativas xa contempladas pola lei que deberían desenvolverse (como contar cun domicilio no que poder ser localizado), fronte á privación de liberdade, a cal, tal e como está descrita na lei, debería ser unha decisión cautelar e excepcional, en casos puntuais, e non unha medida xeneralizada.
Profundar
Para coñecer máis
- Informe CIE 2019 - Diez años mirando a otro lado
- Nota de Prensa Completa, 13 mayo 2020, ESP
- Nota de Prensa en cat
- Press Doc., May 12th, 2020
- Visita del Defensor del Pueblo
- CIE Aluche - 101 personas internas denuncian
- Investigación judicial - Auto del 28 de mayo
- Investigación Judicial - Auto 10 de junio
- Recomendacion del DP - Garantía de Asilo
- Informe CIE 2018: Discriminacion en Origen
- Informe de gestión 2018 Migraciones
- Comunicado de la Sentencia caso Samba Martine
- Recomendacion del DP - Revisión del protocolo de grandes contingentes
- Recomendacion del DP - Incapacidad de Expulsion
- Alternativas a la Detención - Resumen Informe IDC 19