30.131 firmas en apoyo a la iniciativa de Hospitalidad

Equipo de hospitalidad celebrando la recogida de firmas
Celebramos
06 Xulio 2017

GRAZAS POLO SEU APOIO

Hemos conseguido

 30.131 firmas

Para expresarmos o noso rexeitamento ás políticas que vulneran os dereitos humanos das máis de 65 millóns de persoas no mundo obrigadas a abandonaren os seus fogares pola violencia, a guerra, a pobreza, a desigualdade ou o cambio climático.

Entregamos 30.131 sinaturas á Secretaria Xeral de Inmigración e Emigración.

Pedimos ao Goberno que amose liderado na defensa perante a UE de políticas migratorias xustas en virtude das cales a dignidade e os dereitos humanos aparezan no centro.

Grazas á presión cidadá de organizacións e persoas coma ti, continuaremos a reivindicar que España cumpra os seus compromisos e garanta os dereitos recoñecidos a quen chega ao noso país con necesidades de protección destinando os recursos necesarios para acoller coa dignidade e agarimo que estas persoas precisan.

Desde Hospitalidad.es, continuaremos a esixir unha política de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento dignamente dotada de recursos orzamentarios, non supeditada ao control de fronteiras e a incorporación da Educación para a Cidadanía Global ás políticas educativas, para fomentar sociedades de acollemento cohesionadas e pacíficas.

Séguenos en www.hospitalidad.es